jueves, 5 de marzo de 2009

A ORIXE DO VIÑO ALBARIÑO EN GALIZA (Continuación)

 

A ORIXE DO VIÑO ALBARIÑO EN GALIZA

(Continuación)

 

 

A ORIXE DO VIÑO ALBARIÑO NA COMARCA DE O SALNÉS

 

 

Corre o século XI, e o rei AFONSO VI apréstase nunha cruzada apurada para a Cristiandade como é a posible conquista de Toledo, polo cal calquera axuda é acollida con alborozo. Naquel ano de 1085 ía ser decisivo para a antiga capital do reino visigodo, agora en poder dos árabes.

 

Entre as axudas prestadas están a de dous curmáns, DON RAIMUNDO e don HENRIQUE, os cales veñen da Corte de BORGOÑA e, sobriños de Dª CONSTANZA, a muller do rei AFONSO. Importante e decisiva debeu ser a súa colaboración cando o rei concedeulle a man das súas fillas, DONA URRACA e DONA TAREIXA, e nomea a DON RAIMUNDO conde de GALICIA.

 

Pero deixemos un pouco ao marxe estes acontecementos, e fixémonos no que nos interesa: o VIÑO ALBARIÑO. ¿o trouxeron estes dous curmáns para GALIZA, ou o descubriron nesta zona?

 

Coido que é aquí onde se atopa a cuestión, pois aos romanos e SUEVOS os teñen por creadores destes apreciados caldos, sendo estes últimos aos que se lle da a autoría, e si elo fose así xa teríamos o ALBARIÑO en GALIZA polo século V, pero nesto coma no demais debemos ser cautos, e vexamos a traxectoria que no viño ALBARIÑO tiveron estes dous curmáns, en especial DON RAIMUNDO.

 

Non viñeron soamente eles. Como persoas previsoras, traían, aparte da tropa, escritores, músicos, cociñeiros, e sendo da BORGOÑA, non podían faltar "expertos en viños", e xa debían ter coñecemento da presencia dos SUEVOS.

 

Ampla é GALIZA, e o que si da que pensar, é porque se fixaron neste recuncho e noutras zonas de GALIZA é norte de PORTUGAL para espallar o viño. Polo que sei DON RAIMUNDO pasaba as tempadas de verán en CASTRELOS, DENA, SISÁN, PADRENDA, BORDÓNS, ARMENTEIRA, etc., precisamente a comarca do ALBARIÑO.

 

A rápida adaptación destes viños á zona, dou pe a que interviñese a Igrexa neste asunto. Para elo creouse os MOSTEIROS DE SANTA MARÍA DE ARMENTEIRA, e SANTA MARÍA DE OIA,  baixo a orde dos bieitos, quedando así tan prezados caldos, so mentes para os padais dos monxes, dos cregos e da nobreza. Como teño escoitado, os cregos daban aos veciños a beber este viño tan só polo Nadal, situación que se veu dando polo menos dende o século XVII, en que nos documentos xa aparece o viño branco, e precisamente, as vellas cepas albariñas, segundo os donos das mesmas, son de esa data.

 

Tamén me trouxo a pensar o nome de ALBARIÑO, pois inda que é un viño branco, ¿cal é a orixe desta palabra, usada tanto en PORTUGAL como en GALIZA? ¿Foi motivado ao hábito "albo", dos monxes? Non o sei.

                

Foi unha noite de febreiro deste ano cando me din conta da relación que podía existir entre estes dous curmáns e o ALBARIÑO. Se proviñan de BORGOÑA, cerca do RIN, e polo tanto das terras dos SUEVOS, os expertos deberon darse conta, e quedando restos das cepas, de que aquí eran terreos propicios para o seu cultivo. Paralelamente, no norte de PORTUGAL, entre MIÑO e DOURO, que daquela inda era GALIZA, tamén foron introducidos estes caldos, que hoxe é a bandeira que nos apertura cara o exterior.

 

Don RAIMUNDO DE BORGOÑA, finou no ano 1107, cumpríndose agora o novecentos cabodano do seu pasamento. Os colleiteiros do SALNÉS, de O ROSAL e doutras zonas de GALIZA teñen unha ocasión única para celebrar esta histórica data, ao tempo que espallan máis polo mundo tan nomeado caldo, e eu volvo de novo a unha situación rachada fixo agora dous anos.

 

 

OS SUEVOS E O POSTERIOR ESPALLAMENTO DO VIÑO ALBARIÑO NA GALICIA

 

Por Xosé Lois Vila Fariña

 

         As invasións bárbaras do século V supuxeron na Galicia a presencia de dous pobos ben distintos entre eles: os Vándalos e os Suevos. A realidade foi que os últimos desaloxaron aos primeiros, formando un extenso reino na antiga provincia romana de Gallaecia.

         Pois ben, provintes da antiga Suevia, que ven sendo a moderna Suabia, territorios preto do Rhin era este pobo que votaría raíces no vello solar de Breogán, establecendo a súa capital en Braga, hoxe en día en Portugal.

         Xa asentados na nosa Terra, como sinalan os crónicas "converteron as espadas en azadóns", é dicir, comezaron a cultivar o chan, e rápido comprobaron que así como as terras do Rhin eran aptas para o desenrolo do viño, tamén o tiñan de ser os terreos sureños de Galicia e os hoxe norteños de Portugal. Eran os comezos, a nacenza antre nós do hoxe universal VIÑO ALBARIÑO. As antigas raíces deste licor hai que buscalas nas terras do Rhin. A súa importancia se amosa nos productos, que con afamada calidade se espallan cada día máis lonxe. Non hai festa que se precie que non sirva un bo viño Albariño.

         Aos suevos lle sucederon os visigodos e aos mismos os árabes, sinalando que estas invasións non supuxeron un cambeo radical nas vellas costumes galaicas, converténdose a Península en tres nacionalidades ben diferenciadas: Galicia, España e a terra dos Francos.

         Hoxe nos toca falar dos Suevos, que asentádose antre nós, supuxeron para Galicia a primeira monarquía independente da Península Ibérica, así como o primeiro reino que tomou o catolicismo como relixión, antes que os visigodos co seu monarca Recaredo.

         É de entender que establecidos os Suevos antre nós, traerían os seus costumes, e cos mesmos a elaboración do viño, que aínda que se mantiña en Galicia dende o tempo dos romanos, non era tan apreciado como a cervexa, que viña sendo a bebida nacional do mundo celta.

         O cultivo do viño, polo de pronto, era elabourado polos monxes e os altos cargos da corte, é non tiñan acceso a el as clases baixas. Pódese dicir que era considerado un licor dos deuses, sumamente preciado polos padales máis refinados.

         O viño dado o careiro e dificultosa elaboración, así como a dureza do seu cultivo, veuse pechado nunha atmósfera de licor privilexiado, é non era fácil a súa exportación. A zona visigoda lle atrancaba as portas a calquera saída, e chegar ata os francos, firmes aliados de Galicia, era moi arriscado. A única vía de exportación tiña de ser cara Irlanda e Inglaterra, como así os peiraos franceses.

         É a través do Suevos, entendo eu, como o viño Albariño colonizou as terras galegas. Non debeu ser fácil a súa implantación, pero os expertos daqueles tempos, entenderon que era posible o cultivo nesta zona, e non erraron no seu cometido. Galicia e Alemaña entendíanse así perfectamente salvando a barreira que suporía as distancias e a propia fala. Seguir o rastro deste "licor dos deuses" primeiro é todo un desafío para mentes inquedas, con capacidade para desenrolar sobre bases, a veces esbaradizas, as máis sorprendentes teorías.

         Como esto da para moito máis, seguirei falando noutro anaco, afianzándome así nas historias, que as miñas pescudas van buscando, pasaniñamente, neste laberinto que vou percorrendo após do fío de Ariadna do meu pensamento e investigacións.

 

 

 

 

2 comentarios:

Manoel Xosé dijo...

Noraboa polo traballo

Anónimo dijo...

PRUEBA COMENTARIO