jueves, 5 de marzo de 2009

A ORIXE DO VIÑO ALBARIÑO EN GALIZA (Continuación)

 

A ORIXE DO VIÑO ALBARIÑO EN GALIZA

(Continuación)

 

 

A ORIXE DO VIÑO ALBARIÑO NA COMARCA DE O SALNÉS

 

 

Corre o século XI, e o rei AFONSO VI apréstase nunha cruzada apurada para a Cristiandade como é a posible conquista de Toledo, polo cal calquera axuda é acollida con alborozo. Naquel ano de 1085 ía ser decisivo para a antiga capital do reino visigodo, agora en poder dos árabes.

 

Entre as axudas prestadas están a de dous curmáns, DON RAIMUNDO e don HENRIQUE, os cales veñen da Corte de BORGOÑA e, sobriños de Dª CONSTANZA, a muller do rei AFONSO. Importante e decisiva debeu ser a súa colaboración cando o rei concedeulle a man das súas fillas, DONA URRACA e DONA TAREIXA, e nomea a DON RAIMUNDO conde de GALICIA.

 

Pero deixemos un pouco ao marxe estes acontecementos, e fixémonos no que nos interesa: o VIÑO ALBARIÑO. ¿o trouxeron estes dous curmáns para GALIZA, ou o descubriron nesta zona?

 

Coido que é aquí onde se atopa a cuestión, pois aos romanos e SUEVOS os teñen por creadores destes apreciados caldos, sendo estes últimos aos que se lle da a autoría, e si elo fose así xa teríamos o ALBARIÑO en GALIZA polo século V, pero nesto coma no demais debemos ser cautos, e vexamos a traxectoria que no viño ALBARIÑO tiveron estes dous curmáns, en especial DON RAIMUNDO.

 

Non viñeron soamente eles. Como persoas previsoras, traían, aparte da tropa, escritores, músicos, cociñeiros, e sendo da BORGOÑA, non podían faltar "expertos en viños", e xa debían ter coñecemento da presencia dos SUEVOS.

 

Ampla é GALIZA, e o que si da que pensar, é porque se fixaron neste recuncho e noutras zonas de GALIZA é norte de PORTUGAL para espallar o viño. Polo que sei DON RAIMUNDO pasaba as tempadas de verán en CASTRELOS, DENA, SISÁN, PADRENDA, BORDÓNS, ARMENTEIRA, etc., precisamente a comarca do ALBARIÑO.

 

A rápida adaptación destes viños á zona, dou pe a que interviñese a Igrexa neste asunto. Para elo creouse os MOSTEIROS DE SANTA MARÍA DE ARMENTEIRA, e SANTA MARÍA DE OIA,  baixo a orde dos bieitos, quedando así tan prezados caldos, so mentes para os padais dos monxes, dos cregos e da nobreza. Como teño escoitado, os cregos daban aos veciños a beber este viño tan só polo Nadal, situación que se veu dando polo menos dende o século XVII, en que nos documentos xa aparece o viño branco, e precisamente, as vellas cepas albariñas, segundo os donos das mesmas, son de esa data.

 

Tamén me trouxo a pensar o nome de ALBARIÑO, pois inda que é un viño branco, ¿cal é a orixe desta palabra, usada tanto en PORTUGAL como en GALIZA? ¿Foi motivado ao hábito "albo", dos monxes? Non o sei.

                

Foi unha noite de febreiro deste ano cando me din conta da relación que podía existir entre estes dous curmáns e o ALBARIÑO. Se proviñan de BORGOÑA, cerca do RIN, e polo tanto das terras dos SUEVOS, os expertos deberon darse conta, e quedando restos das cepas, de que aquí eran terreos propicios para o seu cultivo. Paralelamente, no norte de PORTUGAL, entre MIÑO e DOURO, que daquela inda era GALIZA, tamén foron introducidos estes caldos, que hoxe é a bandeira que nos apertura cara o exterior.

 

Don RAIMUNDO DE BORGOÑA, finou no ano 1107, cumpríndose agora o novecentos cabodano do seu pasamento. Os colleiteiros do SALNÉS, de O ROSAL e doutras zonas de GALIZA teñen unha ocasión única para celebrar esta histórica data, ao tempo que espallan máis polo mundo tan nomeado caldo, e eu volvo de novo a unha situación rachada fixo agora dous anos.

 

 

OS SUEVOS E O POSTERIOR ESPALLAMENTO DO VIÑO ALBARIÑO NA GALICIA

 

Por Xosé Lois Vila Fariña

 

         As invasións bárbaras do século V supuxeron na Galicia a presencia de dous pobos ben distintos entre eles: os Vándalos e os Suevos. A realidade foi que os últimos desaloxaron aos primeiros, formando un extenso reino na antiga provincia romana de Gallaecia.

         Pois ben, provintes da antiga Suevia, que ven sendo a moderna Suabia, territorios preto do Rhin era este pobo que votaría raíces no vello solar de Breogán, establecendo a súa capital en Braga, hoxe en día en Portugal.

         Xa asentados na nosa Terra, como sinalan os crónicas "converteron as espadas en azadóns", é dicir, comezaron a cultivar o chan, e rápido comprobaron que así como as terras do Rhin eran aptas para o desenrolo do viño, tamén o tiñan de ser os terreos sureños de Galicia e os hoxe norteños de Portugal. Eran os comezos, a nacenza antre nós do hoxe universal VIÑO ALBARIÑO. As antigas raíces deste licor hai que buscalas nas terras do Rhin. A súa importancia se amosa nos productos, que con afamada calidade se espallan cada día máis lonxe. Non hai festa que se precie que non sirva un bo viño Albariño.

         Aos suevos lle sucederon os visigodos e aos mismos os árabes, sinalando que estas invasións non supuxeron un cambeo radical nas vellas costumes galaicas, converténdose a Península en tres nacionalidades ben diferenciadas: Galicia, España e a terra dos Francos.

         Hoxe nos toca falar dos Suevos, que asentádose antre nós, supuxeron para Galicia a primeira monarquía independente da Península Ibérica, así como o primeiro reino que tomou o catolicismo como relixión, antes que os visigodos co seu monarca Recaredo.

         É de entender que establecidos os Suevos antre nós, traerían os seus costumes, e cos mesmos a elaboración do viño, que aínda que se mantiña en Galicia dende o tempo dos romanos, non era tan apreciado como a cervexa, que viña sendo a bebida nacional do mundo celta.

         O cultivo do viño, polo de pronto, era elabourado polos monxes e os altos cargos da corte, é non tiñan acceso a el as clases baixas. Pódese dicir que era considerado un licor dos deuses, sumamente preciado polos padales máis refinados.

         O viño dado o careiro e dificultosa elaboración, así como a dureza do seu cultivo, veuse pechado nunha atmósfera de licor privilexiado, é non era fácil a súa exportación. A zona visigoda lle atrancaba as portas a calquera saída, e chegar ata os francos, firmes aliados de Galicia, era moi arriscado. A única vía de exportación tiña de ser cara Irlanda e Inglaterra, como así os peiraos franceses.

         É a través do Suevos, entendo eu, como o viño Albariño colonizou as terras galegas. Non debeu ser fácil a súa implantación, pero os expertos daqueles tempos, entenderon que era posible o cultivo nesta zona, e non erraron no seu cometido. Galicia e Alemaña entendíanse así perfectamente salvando a barreira que suporía as distancias e a propia fala. Seguir o rastro deste "licor dos deuses" primeiro é todo un desafío para mentes inquedas, con capacidade para desenrolar sobre bases, a veces esbaradizas, as máis sorprendentes teorías.

         Como esto da para moito máis, seguirei falando noutro anaco, afianzándome así nas historias, que as miñas pescudas van buscando, pasaniñamente, neste laberinto que vou percorrendo após do fío de Ariadna do meu pensamento e investigacións.

 

 

 

 

martes, 27 de enero de 2009

A ORIXE DO VIÑO ALBARIÑO EN GALIZA

A ORIXE DO VIÑO ALBARIÑO EN GALIZA

 

23.10.2008

 

(Empezado o 10.06.2004. Suspendido o 11.09.2005 por mor dunha hemiplexía)

 

"Non se pode asegurar a ciencia certa a orixe do viño albariño nas terras de Galicia, pero véñense impoñendo sobre todo tres teorías:

A primeira e máis estendida propugna que as cepas foron trasladadas polos monxes de Cluny no século XII, dende o val do Rhin, onde actualmente existe outro viño de características moi semellantes ás do albariño, ata os mosteiros galegos. A segunda hipótese sitúa a súa procedencia na rexión francesa de Borgoña, dos afamados viños, de onde sería traído por Raimundo de Borgoña, esposo de Dona Urraca de Castela, ata Barrantes onde se plantaron as primeiras cepas no século XI.

A terceira teoría asegura que as cepas do Albariño son practicamente autóctonas e a súa existencia en Galicia data dos comezos da introducción da vide en España polos primeiros poboadores romanos, no ano 137 antes de Cristo.

Case tódolos escritores e cronistas que se ocuparon deste asunto nos textos que consultamos para realizar este traballo, coinciden en apoiar a primeira teoría como a correcta. Os albariñenses móstranse convencidos de que foron os monxes cluniacenses os que, no século XII, importaron as cepas dende a rexión xermana do río Rhin cara ó mosteiro de Armenteira. Nesta inicial raigame galega as vides albariñas aparecen ligadas ós mosteiros, o caso do Rosal trataríase de Santa María de Oia e no caso do Ribeiro a Oseira ou Melón. Os expertos aceptan xeralmente que os mellores brancos do mundo son froito das cepas albariñas." (Bieito Leiro Conde. A FESTA DO ALBARIÑO. 50 ANOS DA HISTORIA DE CAMBADOS 1953-2002, páx. 15)

 

26.09.2007- A ORIXE DO VIÑO ALBARIÑO NA COMARCA DE O SALNÉS

 

Por XOSÉ LOIS VILA FARIÑA, Cronista Oficial de Vilanova de Arousa

 ulisisfigueroa@yahoo.es / ulisisfigueroa@gmail.com

 

Corre o século XI, e o rei AFONSO VI apréstase nunha cruzada apurada para a Cristiandade como é a posible conquista de Toledo, polo cal calquera axuda é acollida con alborozo. Naquel ano de 1085 ía ser decisivo para a antiga capital do reino visigodo, agora en poder dos árabes.

 

Entre as axudas prestadas están a de dous curmáns, DON RAIMUNDO e don HENRIQUE, os cales veñen da Corte de BORGOÑA e, sobriños de Dª CONSTANZA, a muller do rei AFONSO. Importante e decisiva debeu ser a súa colaboración cando o rei concedeulle a man das súas fillas, DONA URRACA e DONA TAREIXA, e nomea a DON RAIMUNDO conde de GALICIA.

 

Pero deixemos un pouco ao marxe estes acontecementos, e fixémonos no que nos interesa: o VIÑO ALBARIÑO. ¿o trouxeron estes dous curmáns para GALIZA, ou o descubriron nesta zona?

 

Coido que é aquí onde se atopa a cuestión, pois aos romanos e SUEVOS os teñen por creadores destes apreciados caldos, sendo estes últimos aos que se lle da a autoría, e si elo fose así xa teríamos o ALBARIÑO en GALIZA polo século V, pero nesto coma no demais debemos ser cautos, e vexamos a traxectoria que no viño ALBARIÑO tiveron estes dous curmáns, en especial DON RAIMUNDO.

 

Non viñeron soamente eles. Como persoas previsoras, traían, aparte da tropa, escritores, músicos, cociñeiros, e sendo da BORGOÑA, non podían faltar "expertos en viños", e xa debían ter coñecemento da presencia dos SUEVOS.

 

Ampla é GALIZA, e o que si da que pensar, é porque se fixaron neste recuncho e noutras zonas de GALIZA é norte de PORTUGAL para espallar o viño. Polo que sei DON RAIMUNDO pasaba as tempadas de verán en CASTRELOS, DENA, SISÁN, PADRENDA, BORDÓNS, ARMENTEIRA, etc., precisamente a comarca do ALBARIÑO.

 

A rápida adaptación destes viños á zona, dou pe a que interviñese a Igrexa neste asunto. Para elo creouse os MOSTEIROS DE SANTA MARÍA DE ARMENTEIRA, e SANTA MARÍA DE OIA,  baixo a orde dos bieitos, quedando así tan prezados caldos, so mentes para os padais dos monxes, dos cregos e da nobreza. Como teño escoitado, os cregos daban aos veciños a beber este viño tan só polo Nadal, situación que se veu dando polo menos dende o século XVII, en que nos documentos xa aparece o viño branco, e precisamente, as vellas cepas albariñas, segundo os donos das mesmas, son de esa data.

 

Tamén me trouxo a pensar o nome de ALBARIÑO, pois inda que é un viño branco, ¿cal é a orixe desta palabra, usada tanto en PORTUGAL como en GALIZA? ¿Foi motivado ao hábito "albo", dos monxes? Non o sei.

                

Foi unha noite de febreiro deste ano cando me din conta da relación que podía existir entre estes dous curmáns e o ALBARIÑO. Se proviñan de BORGOÑA, cerca do RIN, e polo tanto das terras dos SUEVOS, os expertos deberon darse conta, e quedando restos das cepas, de que aquí eran terreos propicios para o seu cultivo. Paralelamente, no norte de PORTUGAL, entre MIÑO e DOURO, que daquela inda era GALIZA, tamén foron introducidos estes caldos, que hoxe é a bandeira que nos apertura cara o exterior.

 

Don RAIMUNDO DE BORGOÑA, finou no ano 1107, cumpríndose agora o novecentos cabodano do seu pasamento. Os colleiteiros do SALNÉS, de O ROSAL e doutras zonas de GALIZA teñen unha ocasión única para celebrar esta histórica data, ao tempo que espallan máis polo mundo tan nomeado caldo, e eu volvo de novo a unha situación rachada fixo agora dous anos.

 

15.11.2007.- OS SUEVOS E O POSTERIOR ESPALLAMENTO DO VIÑO ALBARIÑO NA GALICIA

 

Por Xosé Lois Vila Fariña

 

         As invasións bárbaras do século V supuxeron na Galicia a presencia de dous pobos ben distintos entre eles: os Vándalos e os Suevos. A realidade foi que os últimos desaloxaron aos primeiros, formando un extenso reino na antiga provincia romana de Gallaecia.

         Pois ben, provintes da antiga Suevia, que ven sendo a moderna Suabia, territorios preto do Rhin era este pobo que votaría raíces no vello solar de Breogán, establecendo a súa capital en Braga, hoxe en día en Portugal.

         Xa asentados na nosa Terra, como sinalan os crónicas "converteron as espadas en azadóns", é dicir, comezaron a cultivar o chan, e rápido comprobaron que así como as terras do Rhin eran aptas para o desenrolo do viño, tamén o tiñan de ser os terreos sureños de Galicia e os hoxe norteños de Portugal. Eran os comezos, a nacenza antre nós do hoxe universal VIÑO ALBARIÑO. As antigas raíces deste licor hai que buscalas nas terras do Rhin. A súa importancia se amosa nos productos, que con afamada calidade se espallan cada día máis lonxe. Non hai festa que se precie que non sirva un bo viño Albariño.

         Aos suevos lle sucederon os visigodos e aos mismos os árabes, sinalando que estas invasións non supuxeron un cambeo radical nas vellas costumes galaicas, converténdose a Península en tres nacionalidades ben diferenciadas: Galicia, España e a terra dos Francos.

         Hoxe nos toca falar dos Suevos, que asentádose antre nós, supuxeron para Galicia a primeira monarquía independente da Península Ibérica, así como o primeiro reino que tomou o catolicismo como relixión, antes que os visigodos co seu monarca Recaredo.

         É de entender que establecidos os Suevos antre nós, traerían os seus costumes, e cos mesmos a elaboración do viño, que aínda que se mantiña en Galicia dende o tempo dos romanos, non era tan apreciado como a cervexa, que viña sendo a bebida nacional do mundo celta.

         O cultivo do viño, polo de pronto, era elabourado polos monxes e os altos cargos da corte, é non tiñan acceso a el as clases baixas. Pódese dicir que era considerado un licor dos deuses, sumamente preciado polos padales máis refinados.

         O viño dado o careiro e dificultosa elaboración, así como a dureza do seu cultivo, veuse pechado nunha atmósfera de licor privilexiado, é non era fácil a súa exportación. A zona visigoda lle atrancaba as portas a calquera saída, e chegar ata os francos, firmes aliados de Galicia, era moi arriscado. A única vía de exportación tiña de ser cara Irlanda e Inglaterra, como así os peiraos franceses.

         É a través do Suevos, entendo eu, como o viño Albariño colonizou as terras galegas. Non debeu ser fácil a súa implantación, pero os expertos daqueles tempos, entenderon que era posible o cultivo nesta zona, e non erraron no seu cometido. Galicia e Alemaña entendíanse así perfectamente salvando a barreira que suporía as distancias e a propia fala. Seguir o rastro deste "licor dos deuses" primeiro é todo un desafío para mentes inquedas, con capacidade para desenrolar sobre bases, a veces esbaradizas, as máis sorprendentes teorías.

         Como esto da para moito máis, seguirei falando noutro anaco, afianzándome así nas historias, que as miñas pescudas van buscando, pasaniñamente, neste laberinto que vou percorrendo após do fío de Ariadna do meu pensamento e investigacións.

 

 

 

 

É UN CONTO CON RAÍCES AMARGAS

 

AS MIÑAS INQUISAS

 

Teño de contar un conto, pero foi verdade, como lle pasa a moitas cousas da vida de calquera persoa.

Foi na fría invernía, xa preto da esperanzadora primavera. Fuxe da miña beira naquela noite do 28 de febreiro do 2007 o sono, e o pensamento se amosa máis sereno, nunha perfecta calma. Comezo a pensar no viño, e Dionisos ou Baco guía os meus dificultosos pasos do mundo da Albariño. ¿Por que este prezado caldo? Porque a súa historia me foi contratada polo presidente da Deputación de Pontevedra RAFAEL LOUZÁN ABAL, tempo antes de darme a hemiplexía o 11 de setembro do 2005. Loxicamente tiven que parar a miña actividade. Pouquiño a pouco me vou recuperando. A axuda da familia, das miñas amizades e do corpo facultativo, fai que vida volva a min, e os azos me acompañan neste retorno.

Unha mente pensante discorre por campos moi distintos a unha mente analítica. Ca paixón do corazón afonda nas zonas abismais dos ignotos mundos do subconsciente colectivo, e arrinca perlas do tesouro da nosa maxina.

Pois si. Foi a maxina, cando se atopa solta, ceibe de calquera corda ou adival, cando se mergullou nesta incógnita histórica de cal podía ser a orixe do viño albariño, e vexan vostedes cales foron as miñas arriscadas e discutidas conclusións, aclarando que as portas quedan desatrancadas para calquera debate que se queira expoñer. Din alí, que da discusión nace a luz.

Pero as cousas que se fan con amizade, ilusión e desinterés pecuniario non caben nas mentes torcidas dalgúns políticos. No seu intre, a Deputación de Pontevedra, considerou oportuno que eu fixera un traballo sobre a HISTORIA E ORIXE DO ALBARIÑO. Aceptei este desafío, e empecei cos preliminares desta obra. Non foi moito o que fixen, pero empeceino, e nesto veume a hemiplexía, e por suposto paralicei os meus traballos.

Con todo, a miña mente non descansou, e con máis moderación fun utilizando a maxina, i en palabras do señor LOUZÁN "tes tempo, primeiro recupera a túa saúde". Pero o tempo ía pasando, as evasivas telefónicas eran cada vez máis completas. Nunca estaba, pero tiven algunha entrevistan con el. Precisaba dun medio de transporte. Se me prometeu pero non se concedeu. Seguín esperando, perguntando, e confiando. Sempre evasivas. Algo se cocía ás miñas costas, e algunhas das conclusións as deixei na Deputación para que llas entregasen ao presidente. En novembro de 2007 se me entrega a distinción de Cronista Oficial de Vilanova, e se me publica a historia municipal. Todo ben ata que me dou conta da sustración de tres páginas e media onde censuraba a política municipal nesta alcaldía por non axudarme. Pois esto non o puxeron no libro, inda que foi nos 100 cd-roms que con anterioridade tiña publicado no 2004, e legalizado como indica o depósito legal. En decembro de 2007 denunciei o feito en FARO DE VIGO.

Cando en agosto do pasado do 2008 me entregaron o premio de Cultura do Albariño, rexeitei a que mo entregase o Deputado de Cultura, por entender que el estaba detrás desta movida, e as cousas xa se descubriron máis tarde cando se me argumentou que a cousa estaba en mans dun Catedrático de Historia.

 

Baión 01.01.09

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A GALIZA DO SÉCULO V

 

        Por suposto que máis extensa que a actual, conservando os lindeiros postos polo romanos ao crear o emperador CARACALLA definitivamente no século III a provincia de GALLECIA. (1)

        Cando os pobos bárbaros se reparten as provincias de HISPANIA, a GALLAECIA lle toca en sorte a os SUEVOS. Eran os primeiros anos do século V. As xentes que compoñían esta etnia proviñan das orelas do RIN, e segundo as crónicas, como o que non quer a cousa, entraron nas HISPANIAS sen disparar unha só frecha.

 

 

OS SUEVOS E O POSTERIOR ESPALLAMENTO DO VIÑO ALBARIÑO NA GALIZA

 

 

 

        As invasións bárbaras do século V supuxeron na GALIZA a presencia de dous pobos ben distintos entre eles: os Vándalos e os Suevos. A realidade foi que os últimos desaloxaron aos primeiros, formando un extenso reino na antiga provincia romana de Gallaecia.

        Pois ben, procedentes da antiga Suevia, que ven sendo a moderna Suabia, territorios preto do Rin era este pobo que votaría raíces no vello solar de Breogán, establecendo a súa capital en Braga, hoxe en día en Portugal.

        Xa asentados na nosa Terra, como sinalan os crónicas "converteron as espadas en legóns", é dicir, comezaron a cultivar o chan, e rápido comprobaron que así como as terras do Rin eran aptas para o desenrolo do viño, tamén o tiñan de ser os terreos do sur de Galiza e os hoxe norte de Portugal. Eran os comezos, a nacer entre nós do hoxe universal VIÑO ALBARIÑO. As antigas raíces deste licor hai que buscalas nas terras do Rin. A súa importancia se amosa nos productos, que con afamada calidade se espallan cada día máis lonxe. Non hai festa que se prece que non sirva un bo viño Albariño.

        Aos suevos lle sucederon os visigodos e aos mesmos os árabes, sinalando que estas invasións non supuxeron un cambio radical nas vellas costumes galaicas, converténdose a Península en tres nacionalidades ben diferenciadas: Galiza, España e a terra dos Francos.

        Hoxe nos toca falar dos Suevos, que asentándose entre nós, supuxeron para Galiza a primeira monarquía independente da Península Ibérica, así como o primeiro reino que tomou o catolicismo como relixión, antes que os visigodos co seu monarca Recaredo.

        É de entender que establecidos os Suevos, traerían os seus costumes, e cos mesmos a elaboración do viño, que aínda que se mantiña en Galiza dende o tempo dos romanos, non era tan apreciado como a cervexa, que viña sendo a bebida nacional do mundo celta.

        O cultivo do viño, polo de pronto, era elaborado polos monxes e os altos cargos da corte, é non tiñan acceso a el as clases baixas. Pódese dicir que era considerado un licor dos deuses, sumamente prezado polos padais máis refinados.

        O viño dado o careiro e dificultosa elaboración, así como a dureza do seu cultivo, veuse pechado nunha atmosfera de licor privilexiado, é non era fácil a súa exportación. A zona visigoda lle atrancaba as portas a calquera saída, e chegar ata os francos, firmes aliados de Galicia, era moi arriscado. A única vía de exportación tiña de ser cara Irlanda e Inglaterra, como así a algúns peiraos franceses.

        É a través do Suevos, entendo eu, como o viño Albariño colonizou as terras galegas. Non debeu ser fácil a súa implantación, pero os expertos daqueles tempos, entenderon que era posible o cultivo nesta zona, e non erraron no seu cometido. Galicia e Alemaña entendíanse así perfectamente salvando a barreira que suporía as distancias e a propia fala. Seguir o rastro deste "licor dos deuses" primeiro é todo un desafío para mentes inquedas, con capacidade para desenrolar sobre bases, a veces dificultosas, as máis sorprendentes teorías.

 

O MOSTEIRO DE DUMIO

 

Pensemos nos atrancos que tiveron os suevos para impoñer os seus productos. Polo de pronto, non era nada fácil establecerse e dominar as mentes dos colonos romanos. Se tiña que empregar man dura para poder impoñerse sobor da poboción, e ben presto o acadou o pobo suevo.

Nos incertos tempos da monarquía sueva, sendo rey TEODOMIRO, se crea no ano 555 o MOSTEIRO DE DUMIO, cerca de BRAGA.

 

 

A  APARICIÓN DO ALBARIÑO

 

A semente plantada ca chegada de RAIMUNDO DE BORGOÑA pronta afincaría no sur da Galicia actual e no norte de Portugal, que daquela empezaba a separarse da terra matriz, levando consigo o que era i é propio destas dúas culturas esnaquizadas: o viño albariño, ou alvarinho en terras lusitanas.

 

"Os expertos definen o Albariño como un viño aromático, afroitado, que se distingue por unha chispa de acidez, pola súa fragancia, polo seu aroma e pola cor palliza." (BLC)

 

¿Qué mellores calidades que as que menciona aquí Benito Leiro? ¿Son as mesmas que tiveron dende a súa aparición estes caldos tan magníficos? Coido que non se variou nada dende a súa aparición en Galicia, dado que nun principio foi a súa producción moi reducida, pois era un viño para certas minorías, como eran os monxes, os cregos e a nobreza.

 

       

A CASA DE BORGOÑA

 

 

"La entrada del Císter en Galicia es bastante temprana, opinando algunos autores que el primer monasterio de la Orden en España es el de Oseira. Es más, los que sostienen esta prelación aseguran que la adopción en Galicia de la reforma cisterciense proviene de Portugal, donde tanta influencia tuvieron los borgoñeses. Sin embargo, tras la cronología establecida por Cocheril, no se puede llevar más allá de 1143-1144 la primera abadía blanca coruñesa. De aquí se deduce que más bien sucedió lo contrario, que las fundaciones de Clairvaux en Portugal se deben a una expansión natural sólo después de haberse introducido la reforma en Galicia.

"Todos estos monasterios, en general situados lejos de las grandes vías de comunicación, van a desarrollar su dominio desde el siglo XII al XIV mediante donaciones, compras y cambios, explotando sus posesiones por el sistema directo, tan original, de las granjas, o por medios de contrato de explotación, sobre todo el foro. Especial interés tiene en estos momentos la roturación de nuevas tierras mediante contratos ad laborandum y ad plantandum, con un incremento considerable de la vid, incluso en zonas poco apropiadas." (José Ignacio Fernández de Viana GEG.)

 

        A CASA DE BORGOÑA E OS MONXES DO CÍSTER

 

A chegada a Galicia dos monxes de Claraval  ou Císter cara o ano 1140, é un pouquiño posterior á presencia nos nosos lares de RAIMUNDO DE BORGOÑA e o seu curmán AFONSO ENRÍQUEZ.

 

Estes cabaleiros franceses, viñeron en axuda do monarca AFONSO VI, na campaña que este mantiña contra os árabes, e que concluíu ca toma de Toledo en 1085. O alborozo no mundo cristián foi moi grande, pois non se había logrado nada igual ata o presente. A axuda da Casa de Borgoña foi decisiva, e o rei outorgoulles o máis prezado agasallo, a man da súas fillas. Deste xeito Dona URRACA, herdeira da Coroa de Castela, casouse con Don RAIMUNDO, e Dona TEREIXA, a súa filla bastarda, o fixo con Don AFONSO.

 

Entendo que estes dous cabaleiros non tiveron de vir solos a Galicia. Como dous altos cargos da Corte de Borgoña, traerían un amplo séquito cos seus propios cantores para aledar aquelas longas xornadas, para aliviar as cuítas dos que se atopaban lonxe da súa terra, e para elo votaban man de tres receitas que aínda hoxe son a mellor solución para as fondas tristuras da ánima: as mulleres, o viño e a música.

 

É de supor que aquí toparían algo con que entreterse ó seu gusto, e as pezas musicais acharían campo abonado, aparecendo as cantigas, tan presentes hoxe en día. Pois ben, onde hai mulleres e música,  ten de haber viño. Non é que non o houbese en Galicia, pero dado que o clima non era nada axeitado, a producción era escasa e de baixa gradación. Si é certo que xa dende os tempos dos romanos existía producción de viño en Galicia, pero esta case se perdeu en beneficio da cervexa, producto que bebían case exclusivamente os celtas, e por extensión os galegos.

 

A chegada do albariño a Galicia non tivo unha procedencia única. Formouse aquí a traveso da complexa técnica da transformación etílica, pero tamén das melloras das plantas vitivinícolas. Coido que foi un producto, que por mor dunha planta excepcional fixo unha maxia tan só para padais esixentes e refinados, como os dos abades, curas e nobres. Os vellos productores do albariño recordan que antes era para a celebración das misas (2). Un producto cuxa mellora estaba restrinxida, pois non era para todos, senón para aqueles por quen fora creado, a nobreza (don Raimundo de Borgoña) e os relixiosos (Don Ero da Armenteira). Presumo que a súa celestial visión tivo moito que ver co albariño.  

 

Seguíanse facendo probas, agora polos monxes de Armenteira, quen protexidos pola realeza, teimaban facer esta milagre de alquimia, como era atopar unha planta que servise un bo viño. Unha terra aloxada das cuestións bélicas en que se vía envolta León e Castela, máis pendentes da guerra contra o mouro, daba pe a unha elaboración que pouco a pouco acadaban os monxes nesa paz dos mosteiros, na fondura da investigación.

 

 

 

Corre o século XI, e o rei AFONSO VI apréstase nunha cruzada apurada para a Cristiandade como é a posible conquista de Toledo, polo cal calquera axuda é acollida con alborozo. Naquel ano de 1085 ía ser decisivo para a antiga capital do reino visigodo, agora en poder dos árabes.

 

Entre as axudas prestadas están a de dous curmáns, DON RAIMUNDO e don HENRIQUE, os cales veñen da Corte de BORGOÑA e, sobriños de Dª CONSTANZA, a muller do rei AFONSO. Importante e decisiva debeu ser a súa colaboración cando o rei concedeulle a man das súas fillas, DONA URRACA e DONA TAREIXA, e nomea a DON RAIMUNDO conde de GALICIA.

 

Pero deixemos un pouco ao marxe estes acontecementos, e fixémonos no que nos interesa: o VIÑO ALBARIÑO. ¿o trouxeron estes dous curmáns para GALIZA, ou o descubriron nesta zona?

 

Coido que é aquí onde se atopa a cuestión, pois aos romanos e SUEVOS os teñen por creadores destes apreciados caldos, sendo estes últimos aos que se lle da a autoría, e si elo fose así xa teríamos o ALBARIÑO en GALIZA polo século V, pero nesto coma no demais debemos ser cautos, e vexamos a traxectoria que no viño ALBARIÑO tiveron estes dous curmáns, en especial DON RAIMUNDO.

 

Non viñeron soamente eles. Como persoas previsoras, traían, aparte da tropa, escritores, músicos, cociñeiros, e sendo da BORGOÑA, non podían faltar "expertos en viños", e xa debían ter coñecemento da presencia dos SUEVOS.

 

Ampla é GALIZA, e o que si da que pensar, é porque se fixaron neste recuncho e noutras zonas de GALIZA é norte de PORTUGAL para espallar o viño. Polo que sei DON RAIMUNDO pasaba as tempadas de verán en CASTRELOS, DENA, SISÁN, PADRENDA, BORDÓNS, ARMENTEIRA, etc., precisamente a comarca do ALBARIÑO.

 

A rápida adaptación destes viños á zona, dou pe a que interviñese a Igrexa neste asunto. Para elo creouse os MOSTEIROS DE SANTA MARÍA DE ARMENTEIRA, e SANTA MARÍA DE OIA,  baixo a orde dos bieitos, quedando así tan prezados caldos, so mentes para os padais dos monxes, dos cregos e da nobreza. Como teño escoitado, os cregos daban aos veciños a beber este viño tan só polo Nadal, situación que se veu dando polo menos dende o século XVII, en que nos documentos xa aparece o viño branco, e precisamente, as vellas cepas albariñas, segundo os donos das mesmas, son de esa data.

 

Tamén me trouxo a pensar o nome de ALBARIÑO, pois inda que é un viño branco, ¿cal é a orixe desta palabra, usada tanto en PORTUGAL como en GALIZA? ¿Foi motivado ao hábito "albo", dos monxes? Non o sei.

                

Foi unha noite de febreiro deste ano cando me din conta da relación que podía existir entre estes dous curmáns e o ALBARIÑO. Se proviñan de BORGOÑA, cerca do RIN, e polo tanto das terras dos SUEVOS, os expertos deberon darse conta, e quedando restos das cepas, de que aquí eran terreos propicios para o seu cultivo. Paralelamente, no norte de PORTUGAL, entre MIÑO e DOURO, que daquela inda era GALIZA, tamén foron introducidos estes caldos, que hoxe é a bandeira que nos apertura cara o exterior.

 

Don RAIMUNDO DE BORGOÑA, finou no ano 1107, cumpríndose agora o novecentos cabodano do seu pasamento. Os colleiteiros do SALNÉS, de O ROSAL e doutras zonas de GALIZA teñen unha ocasión única para celebrar esta histórica data, ao tempo que espallan máis polo mundo tan nomeado caldo.

 

 

O ESPALLAMENTO DO VIÑO BRANCO

 

        Sospeito que o medro do viño branco entre a nobreza foi polos documentos que ata aquí manexei, naqueles intres unha novidade. A partir do século XVII, nótase un espallamento sorprendente deste líquido elemento. Os Valladares, os Sarmiento, cinguen o seu apelido a estes caldos, que veñen sendo un artigo de luxo para os máis esixentes padais. Estes viños brancos, ¿eran albariño? Pensemos en que as xentes propietarias das vellas cepas albariñas danlle unha vida de 300 anos ou máis, i elo lévanos cara o século XVII.

 

        Pero con todo era un viño moi restrinxido. Os cregos votarían man del. No mosteiro de Armenteira tiñan a clave. Foi un paso imprudentemente dado pola nobreza. Careiro si que era o producto, e iso foi un freo para moitos, e dado que as faldriqueiras se atopaban baleiras, o ter algún viño inda que fose tinto, xa o consideraban un ben dabondo. O viño branco para os cregos, i eso é o que eles querían.

 

        Coméntame algunhas persoas por min consultadas, que o viño albariño tan só era consumido polo Nadal. Boa data a escoller. Nunha festas, a máis principal do Cristianismo, facíase unha excepción. Non era para menos. A labor dos monxes da Armenteira se vendía deste xeito. ¿Sabían os labregos a arte do albariño? Coido que non, e as cepas que plantaran pola imprudencia da nobreza, foron arrincadas na súa meirande parte, inda que algo quedou, que son as que hoxe en día observamos.

 

        Todo vai encaixando neste rompe cabezas. Don RAIMUNDO DE BORGOÑA traería unhas cepas dos caldos borgoñeses. Intentaría que aquí se cultivasen. A dificultade faría que interviñesen os monxes da Armenteira i eles deron ca clave do asunto, creando un novo elemento de cultivo: o viño albariño.

 

        Don Raimundo tiña pensado quedarse en Galicia de cuxo territorio era Conde. Si as cousas non se torcían, gobernaría como rei de Castela, na compaña da súa dona, URRACA, pero o destino foille traizoeiro, e finaría no ano 1107. Si é certo, quedáballe un fillo, o futuro AFONSO VII, pero agora aquí temos que fixarnos no noso, no Albariño.

 

        Trouxo as cepas de Borgoña, e as mesmas se implantaron na zona do Rin, onde tamén hai viño albariño, como tamén na Galicia, entre Minho e Douro, agora en Portugal. ¿Vai encaixando todo? Coido que si. ¿En que zona se implantou primeiro? Nonos importe agora eso. Dous curmáns –Raimundo e Afonso- deron principio á elaboración deste viño. Os monxes apropiáronse da súa producción, ata que a nobreza dou conta do mesmo, e púxose o licor baixo da protección dos monxes da Armenteira.  Só se bebía o Albariño polo Nadal. ¿Non eran brancos os hábitos dos primitivos monxes? As uvas levarían o nome de Albariño. Está claro de cal é a orixe. Foi unha chispa, pero esto quere probas. Pouquiño a pouco. Agora xa sabemos, a Deus gracias como apareceu o viño, ou como se fixo.

 

        Xa temos os inicios do Albariño en Galicia, e a súa implantación vai a ser controlada dende un principio polos benedictinos por medio da Orde de Cluny, pois moita importancia tiveron no desenrolo da agricultura nestes pagos

 

        Hai que sinala que foi en Barrantes onde se cultivaron as primeiras cepas. Se en verdade, Don Raimundo principiou co seu cultivo, este tivo que ser antes do 1107, data do seu deceso. Sinalar que en 1088 xa era Conde de Galicia. Dezanove anos en que se implantou un 'modus vivendi' no noso país. Certamente as leis 'oficiais' dictábanse desde Castela e León, pero o orde imperante na Nosa Terra eran emanadas polo Conde de Galicia e a súa dona Dª Urraca, quen andando o tempo sería raíña. Foron os pais de AFONSO VII, nado na vila de Caldas de Reis. Os fillos dos reis eran adestrados en Galicia, e como tal os seus consortes eran educados no sagrado Chan de Breogán como Condes, para que no difícil campo da política souberan lidar ó fronte de todo un reino.

 

        Ben. Xa está instalado Don Raimundo en Galicia. Sabemos que con el, aparte da tropa viñeron unha manchea de funcionarios e xente do campo a quen distribuiría pola zona. Entre esta xente campesiña, viñan tamén expertos no que hoxe chamamos 'viticultura'. Xurde unha pregunta fundamental: ¿Atoparon aquí a 'materia prima' do Albariño, ou foi importado polos borgoñoses? ¿Interviñeron os monxes de Armenteira na elaboración do manxar de Dionisio?

 

        Sabemos que o Mosteiro de Armenteira xa estaba en funcionamento no ano 1151, pero é de pensar que na súa feitura pasaría un bo montón de anos, e non se faría neste lugar por casualidade. Sabemos que os bieitos eran coñecidos polo seu saber, e nestes coñecementos ía a Agricultura. Converter as zonas salvaxes en ricas terras de cultivo, que os lugares pobres resultaran terras productivas, era un fin moi importante. Unhas terras libre de sarracenos e de normandos daba pe a unha abondosa producción, ó menos cara o futuro.

 

        Os 'expertos' que traería Don Raimundo, e a súa vez seu curmán Don AFONSO, farían productivas unhas terras propicias cara o Albariño ou Alvarinho. As zonas do norte de Portugal e do sur de Galicia son as máis destacables hoxe en día, e por suposto, son as zonas de tan nobre viño onde principiou a destacarse na Idade Media.     

 

A PRIMITIVA ZONA DO ALBARIÑO

 

Os Condes de Galicia tiñan preferencia pola Terra do Salnés. Calquera me pode sinalar que era polas salinas. Certamente si, era moi importante o dominio da sal, pois dela ven o nome da comarca no século X, i é arredor destas datas cando aparecen certas parroquias (Simes, Dorrón, Solobeira, Ribadumia, Baión....)

 

As costumes de Don Raimundo tiñan que chocar moito cas de Galicia. Polo de pronto a súa fala, e a parte todo o demais. Campo abonado para os trobadores, tanto na Galicia actual como na portuguesa. O aire cortesán respirábase a cotío. Eran novos tempos e había que vivir os mesmos.

 

FOROS DO SÉCULO XVI

 

1548.- "Foro delas heredades del Lugar de Alvan, bouza, molino, viñas, huerta y casa vieja del Pazo de Ondar, y señorio del Rio dela Umia âfavor de Gonzalo Valladares vezino delas fortalezas de Lovera y Lantaño y Catalina Fandiño su muger y tres voces en renta de seis zelemines de pan mediado y el terzio delas viñas…" (Foro outorgado polo Cardeal don Xoán Tavera en 23.11.1533 a don Henrique Henriques, diante do notario Xoán Muñoz. Escribano: Xoán García)

 

 

FORO DA IGREXA DE BAIÓN DUNHA VIÑA E BACELO

 

No ano 1553, a igrexa de Baión lles outorga foro a APARICIO DA BRAÑA e á súa dona MARÍA DA PORTA, dunha VIÑA e BACELO, preto da ALDEA DE LAMAS, da herdade coñecida como DA CRUZ, polo tempo das súas vidas e tres voces máis, pagándose a QUINTA PARTE DO VIÑO QUE SE RECOLLA.

 

Nesta aldea de LAMAS, que se atopa preto da Casa Rectoral de Baión, vemos que a mediados do século XVI, había un viña, que debía de ser bastante ampla, pois no foro se sinala que teñen de pagar a quinta parte do que se recolla, e dicir, a metade, sendo a outra metade para Aparicio e a súa dona. Non sei que clase de viño debía de ser, pero vindo de mans de eclesiásticos non tiña de ser de ínfima calidade. Polo de pronto, ata o de agora é a primeira referencia documental en Baión que posúo. A herdade DA CRUZ indica ben as claras onde se atopaba.

 

FORO DE CHOUZA DAS PÍAS

 

Este foro de TRES XORNALES DE VIÑA na CHOUZA DAS PÍAS, outórgase no ano 1561, e estaba sito en SANTA MARÍA DE PARADELA, e se lle concede ó veciño de Carril ANTONIO COELLO e á súa dona MARÍA PAZ e tres voces máis en renda do 'QUARTO DEL VINO', diante do notario ALONSO CASQUIZO.

 

FOROS EN RIBADUMIA

 

Os dous son do ano 1562, e protocolizados polo notario FERNÁN DÍAZ DE PEDROSA. O primeiro faise en QUINTANDONA, na parroquia ribadumiense, a favor do veciño JUAN DE QUINTANDONA e a súa dona CATALINA DE ARCOS e tres voces, en 40 celemíns de pan mediado e o 'QUARTO DEL VINO DE LAS VIÑAS'. O outro ven sendo un foro de 6 cavaduras de 'VIÑA EN LA CHOUZA DE VENDAL' a favor de JUAN DASPERA e da súa dona e tres voces máis 'POR EL TERCIO DEL VINO'. Os dous son outorgados en SANTA EULALIA DE RIBADUMIA.

 

FORO DO MUIÑO DO RIAL

 

No mesmo ano de 1562 e tamén diante do notario FERNÁN DÍAZ DE PEDROSA faise foro do MUIÑO DO RIAL en PORTONOVO, consistente nunha corte, árbores, a VIÑA DO RIAL i herdades arredor do muíño, a favor do notario veciño de Fefiñáns JUAN GARCÍA e a súa dona FRANCISCA VALLADARES e tres voces máis, en renda de tres celemíns de pan mediado.

 

DOUS FOROS EN PORTONOVO

 

Os dous concedidos en 1562, e tamén diante do notario FERNÁN DÍEZ DE PEDROSA. O primeiro sito no lugar de OUTEIRO, e herdades de FABAIÑOS, en PORTONOVO, a favor do veciño GREGORIO DE OUTEIRO e a súa dona MARÍA DOMÍNGUEZ e tres voces máis, en renda de 82 celemíns de pan medeado e o 'CUARTO DEL VINO DE LAS VIÑAS'.

 

O outro e un foro de un xornal e medio de VIÑA na CHOUSA DE OUTEIRO en PORTONOVO a prol de JUAN FABEIRO O MOZO e GREGORIO GARCÍA veciño da devandita vila e tres voces en renda do 'quarto del vino'.

 

FOROS EN RIBADUMIA

 

Os dous son do ano 1562, e protocolizados polo notario FERNÁN DÍAZ DE PEDROSA. O primeiro faise en QUINTANDONA, na parroquia ribadumiense, a favor do veciño JUAN DE QUINTANDONA e a súa dona CATALINA DE ARCOS e tres voces, en 40 celemíns de pan mediado e o 'QUARTO DEL VINO DE LAS VIÑAS'. O outro ven sendo un foro de 6 cavaduras de 'VIÑA EN LA CHOUZA DE VENDAL' a favor de JUAN DASPERA e da súa dona e tres voces máis 'POR EL TERCIO DEL VINO'. Os dous son outorgados en SANTA EULALIA DE RIBADUMIA.

 

FORO DO MUIÑO DO RIAL

 

No mesmo ano de 1562 e tamén diante do notario FERNÁN DÍAZ DE PEDROSA faise foro do MUIÑO DO RIAL en PORTONOVO, consistente nunha corte, árbores, a VIÑA DO RIAL i herdades arredor do muíño, a favor do notario veciño de Fefiñáns JUAN GARCÍA e a súa dona FRANCISCA VALLADARES e tres voces máis, en renda de tres celemíns de pan mediado.

 

DOUS FOROS EN PORTONOVO

 

Os dous concedidos en 1562, e tamén diante do notario FERNÁN DÍEZ DE PEDROSA. O primeiro sito no lugar de OUTEIRO, e herdades de FABAIÑOS, en PORTONOVO, a favor do veciño GREGORIO DE OUTEIRO e a súa dona MARÍA DOMÍNGUEZ e tres voces máis, en renda de 82 celemíns de pan mediado e o 'CUARTO DEL VINO DE LAS VIÑAS'.

 

O outro e un foro de un xornal e medio de VIÑA na CHOUSA DE OUTEIRO en PORTONOVO a prol de JUAN FABEIRO O MOZO e GREGORIO GARCÍA veciño da devandita vila e tres voces en renda do 'quarto del vino'.

 

DOUS FOROS EN BAIÓN

 

O 7 de novembro de 1562 é un foro do escribán de Cambados, en onde se da conta de 7 cavaduras de viña no AGRO DA PORTA, no lugar de O PEREIRO, e en 1564, un foro do crego don BASCO SANCHES . no lugar de MOZORÍN.

 

A VIÑA DE CALGO

 

A Viña de Calgo ou Calogo atopábase en Vilanova de Arousa, e debeu ser de moita importancia, dado que nun principio era dependente do Mosteiro desa localidade, controlado polo de San Martiño Pinario, pois aparece en documentos do século IX.

 

Neste senso vamos a tratar de documentos do século XVI en diante. Os mesmos os consultei o 11 de xullo de 1993 ó tempo que me atopaba traballando no 'Arquivo Llauger', en el hai dous do ano 1585, que tratan da venta da denominada VIÑA DE CALGO. Nas mesmas CATALINA DE SANTIAGO, viúva de ALONSO DE SAN MIGUEL lle vende ó cesteiro XOÁN DE LA CALLE, todos de Vilanova, a VIÑA DE CALGO, xuntamente co pardiñeiro ou casas arruinadas, por un total de 43 ducados diante do notario XOÁN FARIÑA. Nesta viña tamén tiñan intereses os patróns da capela da Nosa Señora da O.

 

 

VIÑO BRANCO A PARTIRE DO SÉCULO XVIII

 

 

 

O 18 de xuño de 1601, o notario de Pontevedra BARTOLOMEU DE BRIONES, sinala que el tiña e traía en foro polos días da súa vida e dúas voces máis, por conta do Mosteiro de San Martiño de Santiago, pagando en cada ano tres ferrados de centeo e outros tres de millo , "... en el lugar y casal que se dise y nombra Calgo sita en la feligresia de San Cibran de Calgo de junto á la yglesia de la Villa de Villanueba darosa con sus casas cortes eredades binas montes predios y lo mas á el perteneciente..."

       

Por documentos que acompañan a este legado, sabemos que CATUXA DE SANTIAGO, era padroa da capela de Nosa Señora da O, sita na parroquial de SAN CIBRÁN DE CALOGO. Máis veciños da vila adquiren foro sobre certas parcelas de terreo de esta señora.

 

FOROS DE BARCIA E SESTELO

 

O 10 de xullo de 1608, noméase o Foral de Barcia en Baión, outorgado polos monxes de San Martiño Pinario, Santiago, a BRAIS GÓMEZ, veciño de Santa María de Godos, en renda anal de 20 ferrados de pan mediado, dúas galiñas de campo, 'Y EL QUINTO DEL VINO QUE SE RECOGIESE'.

 

Na mesma data, os devanditos monxes, expiden o Foral de Sestelo, a prol de BERTOLO GÓMEZ e a JUAN GÓMEZ en renda anal tamén de 20 ferrados de pan mediado, e a 'CUARTA PARTE DA COLLEITA DE VIÑO'

 

 

        O 14 de marzal de 1611, o notario e veciño da vila XOÁN DABAL ROMERO, aparece como ó fronte do padroado da capela de Nosa Señora da O, "... por quanto Afonso de San Miguel y Catalina de Santiago su muger vezinos que han sido de dha villa defuntos y patrones que abian sido de la dha capilla abian echo fueros a Juan de la Calle vezino de la dha villa que estaba presente y a María debua su muger defunta de quatro cabaduras de bina sitas en la chouça de bina que se dice de calgo y binedo aceptado todo ello por rrenta é pension que quatro canadas de bino ullan de los que se coxiese en la dha vina en cada un ano."

 

VIÑA DE COSCOÑO

 

No ano 1612, no lugar de Carballo, en Baión, JUAN DAS VIÑAS, pola denominada  VIÑA DE COSCOÑO, paga a cuarta parte do VIÑO QUE RECOLLA, e desta cantidade a metade correspóndelle darllo ó Arcebispado de Santiago, e a outra a Don PEDRO ENRÍQUEZ, da Casa de Soutomaior.

 

VIÑO BRANCO

 

Estamos no ano 1634, e a Confraría de San Sebastián (Baión), por unha cañada de VIÑO BRANCO se pagan 9 rs, baixando no seguinte ano a 3,33; en 1641 a 9,50, e en 1648, ano da guerra contra Portugal, a 10 rs.

 

 

VIÑA DE CALGO

 

       

O 28 de xullo de 1649, varias familias que se atopaban en litixio pola VIÑA DE CALGO, chegan a un pacífico arranxo. A un FRANCISCO DE OTERO, o vemos anos máis tarde aveciñado en Vilamaior. O 23.03.1690, troca con PEDRO DO REGO, labrego, a herdade en sementado de un ferrado de trigo dentro da viña que se lle di "Detrás da Porta de Calgo". A cambio o Rego lle da ó Otero "toda la parte y quiñon que hace frente en la ayra cerrada que se dice de calgo."

 

 

MÁIS VIÑO BRANCO

 

Entre 1644 e 1655, o capitán Don LUÍS SARMIENTO, inquilino do Pazo de Baión, compra varias cañadas de VIÑO BRANCO, e no seu testamento feito en maio de 1655, deixa para misas de fundación 33 CAÑADAS DE VIÑO BRANCO, ou 36 reais.

 

      En 1654 a Confraría de Santa Lucía de Oubiña (Cambados) paga 16,16 rs por 3 cavaduras de viño branco. E en 1662 en Fefiñáns págase 9 rs., por unha cañada de viño branco, e por unha tinta, 6 rs.

 

AFORAMENTOS DE VIÑAS BRANCAS POR PARTE DO VIZCONDE DE FEFIÑÁNS

 

03.02.1662.- Don Fernando de Valladares, Vizconde de Fefiñáns, afora sete cabaduras de viña branca  en A Revoltiña (Vilariño) (A.P.F.)

20.03.1662.- Foro outorgado por Don Fernando de Valladares, a Nicolás do Barreiro, veciño de Oubiña, onde se da conta dunha viña de 3 cavaduras de viña branca (A.P.F.)

22.02.1662.- Don Fernando de Valladares, Vizconde de Fefiñáns lle afora a Francisco de Barral c.c. Benita García a finca onde antes fora pardiñeiro "que sera como media cabadura de viña y es blanca…" Nesta mesma data afóralle a Ramón Pérez, de Vilariño, 4 cabaduras de viño branco en onde chaman "biña grande". Outro foro a Benita de Rial viuda de Domingo Doval, de Oubiña "Diez cabaduras de viña blanca que se dize aviña dafontiña según que por el nordes confina con camino que va de sobreiro para el referido lugar". Ídem a Don Juan Serantes c.c. Francisca González, de Oubiña "Labiña quese dize demoraleda que seran cinco cabaduras poco mas ó menos Las quales son blancas…" Ídem a Tomás Paz c.c. Gregoria de Cores "Dos cabaduras de viña blanca Enla biña quese dize databerna…"(A.P.F.)

23.02.1662.- Don Fernando de Valladares afóralle a Benito Estévez, de A Laxe (Vilariño) dúas cabaduras de viña branca (A.P.F.)

24.02.1662.- Don Fernando de Valladares cómpralle a Domingo Dopazo c.c. María García 2 cavaduras de viña branca  Nesta mesma data afóralle 2 cavaduras de viña a Juan de Vidal c.c. María Estévez (A.P.F.)

20.03.1672.- Don Fernando de Valladares afóralles 7 cavaduras de viña branca os veciños de Cobas de Lobos (Vilariño) Domingo Davila c.c. Gregoria Rodríguez (A.P.F.)

25.03.1662.- Don Fernando de Valladares cómpralle a Benito Davila "quatro cabaduras de viña do souto que es blanca y tinta" (A.P.F.)

17.03.1672.- Foro dado en Fefiñáns por Don Fernando de Valladares Sarmiento a Domingo Dopazo c.c. María García de 6 cabaduras de viña branca (A.P.F.)

30.03.1672.- Don Fernando de Valladares y Sarmiento, Vizconde de Fefiñáns, da en foro a Domingo Lameira el Mozo, veciño de Cobas de Lobos (Vilariño), unha cabadura de viño. (A.P.F.)